Xeomedioambiente

A meteorización

É o conxunto de procesos asociados a acción dos axentes atmosféricos sobre as rochas.
Existen dous grandes tipos de meteorización: Mecánica e Química.

Meteorización mecánica: as rochas sofren desintegración física. As causas que producen esta desintegración das rochas son a temperatura, a humedade ou a actividade biolóxica. Despois da desintegración mecánica as rochas quedan expostas a meteorización química.
Outras das causas da meteorización mecánica son:

Descompresión das rochas: aparecen gretas (diaclasa) nas rochas que se expanden.

Acción do xeo: a auga que se filtra polas gretas conxélase e aumenta o seu volume, polo que a rocha fractúrase.

Cambios bruscos de temperatura: a diferenza de temperaturas entre o día e a noite dalgúns climas produce expansións e contracción nas rochas o que provoca que rompan.

Acción das raíces: O crecemento das raíces nas gretas exerce unha presión que provoca a ruptura da rocha.


Meteorización Química: son reaccións químicas que poden producirse simultaneamete sobre as rochas e provocar así a súa descomposición.
As reaccións químicas máis comúns son:

Disolucción: a auga disolve algunhas rochas como as evaporíticas ou salinas.

Carbonatación:
a auga da choiva contén dióxido de carbono atmosférico disolto, así fórmase o ácido carbónico que produce certa acidez na auga superficial. A auga carbonatada e aceda provoca a descomposición da rochas como por exemplo as calcarias e a dolomía.

Oxidación: A presenza de osíxeno atmosférico disolto na auga provoca a oxidación en rochas como o ferro.


Picture
Picture