Xeomedioambiente

Os recursos naturais
Os recursos naturais son aqueles medios que se atopan na natureza e a humanidade utilízaos para satisfacer as súas necesidades.
Os recursos naturais dívidense en tres grandes grupos :


- Renovables:
son aqueles que non se esgotan aínda que se utilicen en gran cantidade.
Algúns exemplo son:

Enerxía hidraúlica: consiste en convertir a enerxía cinética da auga en movemento o que produce a enerxía eléctrica.(As presas, encoros...)

Enerxía eólica: capturamos a enerxía cinética do vento e convertímola en electricidade.
(Os aeroxeradores nos parques eólicos)

Enerxía solar: utilizamos os paneis solares para aproveitar a enerxía do sol.
(Na maioría do casos destínase para a obtención de calor)

Biomasa: queimanse certos materiais como residuos forestais, agrícolas... para a obtención de enerxía.

Hidróxeno: é a fonte de enerxía máis limpa posto que cando se queima tan só se produce auga.

Xeotérmica: procede do calor interno da terra.
(Podemos observar este tipo de enerxía nos guéiseres)


-Non renovables: son recursos queteñen depósitos limitados ou con un tempo de rexeneración moi longo.
Algúns exemplos son:

Combustibles fósiles: Fórmaronse en eras xeolóxocas pasadas pola descomposición de vexetais e organismos planctónicos baixo a auga.
A súa vez dentro dos combustibles fósiles distinguimos:

a) Petróleo: procede da descomposición de plancto mariño. Co petróleo obtemos diferentes combustibles como o butano, o queroseno, a gasolina, o gasóleo... 
b)Carbón procede da descomposición de restos de vexetais.
Empregámolo para a obtención de enerxía eléctrica nas centrais térmicas.
c)Gas natural: é o menos contaminante, tan só emite dióxido de carbono.

Enerxía nuclear
: é a empregada nas centrais nucleares.
Hai dous tipos:

Fisión: Os átomos de uranio rómpense noutros máis pequenos e libera gran cantidade de enerxía.
Fusión: únense varios núcleos atómicos de carga similar para facer un máis pesado.

.